En portadaÚltima hora

Soben a 7 os ingresos por Covid no Hospital de Valdeorras

Entrada principal do Hospital Público de Valdeorras, no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Volven repuntar os casos activos de Covid-19 na provincia de Ourense. Segundo os últimos datos da Consellería de Sanidade (actualizados ás 18h. do 16 de decembro), hai nun total de 458 positivos (10 máis que onte), dos cales 36 están hospitalizados en planta e 1 na Unidade de Coidados Intensivos. Tamén repuntan os novos casos confirmados por PCR nas últimas 24 horas cun total de 42.

Con respecto aos hospitais da provincia, no de Valdeorras rexístrase un total de 7 ingresos en planta (1 máis que onte); o de Verín ten 5; e o Hospital Universitario de Ourense rexistra 24 en planta e 1 na Unidade de Coidados Intensivos.

O total de casos rexistrados ata o de agora na provincia ascende a 8.021, con 7.259 curados e 303 falecidos. Polo de agora lévanse realizado 126.461 probas PCR e 66.187 probas serolóxicas.

Artigos relacionados

Back to top button