Nesta semana o Concello de Sober continuará cos traballos de roza e acondicionamento das estradas e camiños municipais e tamén dos recursos turísticos da localidade.
Os traballos, que se iniciaron a principios de xuño e xa se remataron en 6 parroquias, perseguen un dobre obxectivo: “limpar a maleza para previr os incendios forestais e manter as vías de titularidade municipal nas mellores condicións para o tránsito de vehículos”, segundo indica o Concello de Sober.
Tamén se fará especial fincapé no acondicionamento dos recursos turísticos e nas áreas de descanso para que poidan ser empregadas polos visitantes.
Fotos cedidas.