ConcellosSoberÚltima hora

Sober contará cunha escola infantil municipal de 40 prazas

 

A Xunta de Galicia concedeu unha axuda de 215.000 euros ao Concello de Sober para a creación dunha escola infantil municipal de 40 prazas. A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, visitou hoxe acompañada polo alcalde de Sober, Luis Fernández, o centro cuxa atención educativa xa é gratuíta para todos os pais gracias ao financiamento do Goberno galego a todos os centros da Comunidade.

A conselleira concretou que esta actuación suporá ampliar en 20 prazas o actual Punto de Atención á Infancia (PAI) de Sober e incrementar a súa capacidade para convertelo nunha escola infantil. Esta axuda procede da orde para a creación de prazas de titularidade municipal que beneficia a unha vintena de concellos e permitirá crear máis de 450 novas prazas de atención 0-3 anos.

Artigos relacionados

Back to top button