CulturaCulturaÚltima hora

Sober proxectará en pantalla xigante o filme “Live is Life” de Dani de la Torre e rodado na Ribeira Sacra

O goberno local acorda con ‘Cine na Rúa’ un pase da nova película do director monfortino que será aberto para quen queira asistir

O director do filme cos protagonistas do mesmo./ Cedida.

 

O Concello de Sober anuncia a proxección en pantalla xigante a través de ‘Cine da Rúa’ do último filme do monfortino Dani de la Torre, a película ‘Live is Life. La gran aventura’. O pase terá lugar o vindeiro venres 29 de xullo ás 22:30 horas na Praza do Concello de Sober con entrada de balde para quen queira asistir.

O rexedor de Sober, Luis Fernández Guitián, destaca a importancia deste evento por dous motivos. “Dun lado hai que agradecerlle a Dani de la Torre que elixira Sober como un dos escenarios da súa nova película. E, en segundo lugar, queremos poder achegar este filme a todos os veciños e veciñas de xeito totalmente gratuíto”.

O alcalde de Sober convida aos soberinos e os que nos visiten nesas datas a participar da proxección do filme nunha contorna especial, como é a Praza do Concello da localidade. “Estamos desexando ver as paisaxes que recolle a película da Ribeira Sacra e do noso Concello en pantalla xigante e en Sober”, remarca.

Artigos relacionados

Back to top button