O municipio lucense de Sober conta dende o 15 de febreiro cun novo veciño centenario. Trátase de Manuel Castroseiros Álvarez, de Ferroños, en San Martiño de Anllo.
O ‘Mañé’, alcume polo que é coñecido, está viúvo e vive con súa filla Montse. Ten un neto e un bisneto (co que aparece na fotografía). Foi emigrante en Irlanda e rexentou durante preto de 20 anos un bar en Sober.
Na tarde de onte, sábado, recibía a visita do alcalde, Luis Fernández Guitián, e da secretaria da Mesa do Parlamento, Raquel Arias para felicitalo polo seu cen aniversario.
Sober conta agora con 13 centenarios; dez mulleres e tres homes, segundo informa o Concello.
Foto cedida.