CarballedaConcellosEn portadaGalerías de fotosÚltima horaVídeos

Sobradelo vive o día grande das súas festas patronais na honra á Virxe da Encarnación

A procesión é un dos actos centrais do programa que comezaba o sábado

 

Ao ritmo da Asociación Cultural Castro Vello comezaba a xornada deste luns 17 de abril en Sobradelo (Carballeda de Valdeorras), día grande das festas na honra á Virxe das Encarnación. Esta localidade valdeorresa iniciaba o sábado 15 de abril o programa festivo coa actuación da Asociación Musical Airiños de Caldelas e da orquestra Gran Parada. O domingo día 16 o pasarrúas correu a cargo da charanga Bicoia que amenizará tamén a sesión vermú antes do xantar festivo. Pola tarde a orquestra Cinema foi a encargada de amenizar o baile en sesión de tarde e tamén verbena e pola noite os fogos artiticiais de gran tradición nestas datas en Sobradelo, iluminaban o ceo.

 

 

Chegado o derradeiro día das festas, ás 12:30h. saía da igrexa a procesión encabezada pola imaxe da Virxe e seguida por numerosos fieis (entre a alcaldesa Mª Carmen Gonzáles). Tras percorrer as rúas da vila co acompañamento musical da Asociación Cultural Castro Vello, celebrábase a eucaristía na igrexa, oficiada por seis sacerdotes, entre eles o parróco, Juan José Prieto, vicario en Galicia da Diócese de Astorga. A continuación, Castro Vello amenizará tamén a sesión vermú. O baile nesta xornada especial correrá a cargo da orquestra Ritmo Joven que, a diferencia do resto de días, fará unha sesión de tarde longa (ata as 23 horas aproximadamente), sen verbena.

 

 

Ademais dos cultos e do apartado musical, durante os tres días os máis pequenos tiveron a súa propia festa no pavillón municipal de Sobradelo con todo tipo de actividades, dende colchonetas e inchábeis ata un espectacular carrusel, entre outras moitas que sorprenderon á xuventude.

 

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button