ConcellosÚltima horaVídeos

Solemne acto de bendición do retablo da antiga capela de Cedie, na igrexa de Veigamuíños (O Barco)

 

A misa deste domingo 10 de decembro celebrada na igrexa parroquial de Veigamuíños (O Barco) foi moi especial. Non só por ser o correspondente ao terceiro domingo de advento, senón porque era a elixida polo párroco, Jesús Álvarez, para a bendición do retablo da antiga capela de Cedie e as diferentes imaxes, recentemente restauradas.

O acto tiña lugar tralas lecturas, momento que o párroco aproveitaba para explicar aos numerosos fieis que enchían a igrexa, o que fixeran cos elementos de culto que había na antiga capela, adiantando que unha vez recuperado e restaurado o retablo e as imaxes de Santo Tirso, San Antonio de Padua e Virxe que o conforman, procederán a facer o mesmo coas imaxes do Sagrado Corazón de Xesús e de María que tamén están xa na igrexa de Veigamuíños.

 

 

Antes de proceder á bendición o sacerdote dirixiuse aos devotos de San Antonio “que estiveron tanto tempo esperando para ter a imaxe aquí” asegurándolles que “non perdemos a esperanza de que poidamos acometer pronto a construción dun elemento, non unha ermita pero si algo que acolla a San Antonio en días de festa. Xa teño o deseño e só falta a aprobación por parte do Concello, a ver se a temos antes do verán para comezar as obras, dixo.

 

 

Sobre o retablo, Jesús explicou que cando se trasladan os elementos sagrados “é convinte volver a bendecilos”, de aí o solemne acto desta mañá que contou coa armonización musical do Orfeón Valdeorrés, encargado de cantar a misa baixo a dirección de José Ramón Mansilla.

 

 

Durante a celebración, na que tamén se bendecía o confesionario da capela “que a partir de agora se utilizará nesta igrexa”, o párroco tamén adiantou que os elementos de culto da antiga capela foron repartidos polas diferentes parroquias de Valdeorras, destacando que o principal é o retablo e a imaxe de San Antonio na ornacina do centro, acompaño por dúas imaxes que xa estaban en Veigamuíños e que tamén restauraron.

 

O confesionario da antiga capela de Cedie tamén foi bendecida.

 

Fotos de vídeos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button