Un ano máis e segundo o previsto, unha semana despois da celebración do Rosario adicado á Virxe (o domingo 1 de outubro), unha das eucaristías máis concorridas na que ademais da misa se reza o rosario, o Santuario das Ermitas acollía a Octava do Rosario.
Tal como explica un dos sacerdotes do santuario, “ata o século VI o concepto de octava centrábase máis na relación do primeiro día, o da gran solemnidade, co oitavo, tamén moi solemne, no que se repetía o oficio do día principal, coma se constituísen un único día de festa. Esta perspectiva conservouse ata os nosos días, pero dando realce tamén aos días intermedios (chamados da infraoctava), o que non ocorría nun principio”.
Así, á eucaristía da octava celebrada na mañá deste domingo 8 de outubro, asistían de novo numerosos fegreses que acudían ao santuario para render culto á Virxe dende diferentes municipos, algúns incluso o facían a pé dende A Rúa, mantendo unha fermosa tradición malia o excesivo calor para estas datas.
Presidida polos párrocos José Antonio Crespo e Francisco Requena, a concorrida misa era cantada pola Coral de Salvaterra de Miño, contando coma sempre coa colaboración dos voluntarios de Protección Civil de O Bolo para regular o acceso ao santuario de orixe barroca.
Fotos: Carlos G. Hervella.
Vídeos: Carlos G. Hervella e cedido.