ConcellosEn portadaGalerías de fotosO BarcoÚltima horaVídeos

Solemne procesión do Santo Cristo da Paz e a Virxe da Esperanza, no Barco

 

Chovia antes e despois pero a auga daba unha tregua na tarde deste luns 25 de marzo e permitía celebrar segundo o previsto a solemne procesión do Santo Cristo da Paz e a Virxe da Esperanza, no Barco de Valdeorras.

 

 

Pasadas as 20 horas saía da igrexa de Santa Rita a comitiva encabezada pola Cruz. De seguido saía a imaxe do Santo Cristo da Paz levado a ombros por un grupo de homes con camisa e guantes brancos. O apartado musical corría a cargo da Banda de Tambores da Parroquia de Viana do Bolo e detrás, a ombros de 14 mulleres vestidas de negro, saía por primeira vez a Virxe da Esperanza, unha femosa imaxe creada por Restaurart a partir do busto da Virxe de José Rodríguez Ruiz (esta imaxe permanecerá na igrexa ao lado do Cristo).

 

 

 

Despois de percorrer a praza do Príncipe a procesión continuaba polas rúas España, Eloi Rodríguez Barrios e Balorca ata rematar de novo na igrexa.

 

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button