En portadaÚltima horaVídeos

Son do Sil encandila ao público no Barco, tras 5 anos sen actuar na vila

A praza Maior enchíase para asistir ao concerto que esta formación valdeorresa daba na noite do 15 de setembro

 

O público abarrotaba a praza Maior do Barco na noite do 15 de setembro para asistir a un concerto especialmente agardado: o de Son do Sil. Había xa cinco anos que esta agrupación valdeorresa non actuaba nas Festas do Cristo desta vila, por iso ninguén quixo perderse este reencontro co público nun concerto no que, o grupo incorporaba novos membros, e no que se repasaban temas habituais no seu repertorio (dende os boleros ata temas pop dos 80) e outros novos que sorprendían aos asistentes, que bailaban e cantaban ao ritmo de Son do Sil.

 

 

O grupo conta un novo equipo de son, novos técnicos, tres novas voces e un guitarra, tamén algunha baixa e ata novo subdirector musical, o profesor Alfonso Mantecón Aparicio que dirixe os ensaios e acompaña ao piano. Incorporacións que dan un novo carácter ao grupo, sen perder a esencia que lle imprime aos temas o director musical, Moisés Blanco.

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button