CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Son do Sil ingresa na Federación Nacional de Asociaciones Musicales “ACTS”

O valdeorrés é un dos dezaseis grupos de toda España que forman parte deste colectivo
Membros dos 16 grupos que forman parte da Federación Nacional de Asociaciones Musicales “ACTS”, entre os que están Iván e Moisés de Son do Sil.

Grupos de Tenerife, de Córdoba, de Santander, Murcia, Alicante,… e agora tamén de Ourense. Dende esta fin de semana a agrupación valdeorresa Son do Sil forma parte da Federación Nacional de Asociaciones Musicales “ACTS”.

Tal como explica o seu director musical, Moisés Blanco, a incorporación de Son do Sil neste colectivo tiña lugar no marco dun festival celebrado en Albuquerque (Badaxoz), onte se celebraba a asemblea anual da Federación. Á reunión asistían dous membros de cada un dos grupos que forman parte do colectivo entre os que estaban Iván Estévez como presidente e Moisés Blanco como director musical de Son do Sil, e entre os temas tratados estaba a incorporación da agrupación ourensá, a única galega. “A nosa entrada foi proposta por outro dos grupos que xa estaban dentro e aprobada por unanimidade”, di Moisés, asegurando que “para nós é unha honra formar parte desta asociación, xa que levamos el nombre do noso pobo, provincia e incluso Galicia”.

A Federación fundouse o ano pasado co fin de “fomentar a unión e cooperación entre os grupos de música que a integran así como a defensa dos seus fins en orde ao seu propio patrimonio cultural e musical”, grupos enmarcados dentro da música polifónica e instrumental cuxas fontes principais “beben da música popular e tradicional iberoamericana”, co obxectivo de “promover, animar, difundir e dignificar a música que representan”. Trala asemblea desta fin de semana, a Federación que integra a dezaseis agrupacións de diferentes partes de España, está presidida polo grupo Dos Orillas de Valladolid (que actuou no Barco de Valdeorras en decembro de 2017 no X aniversario de Son do Sil).

 

Artigos relacionados

Back to top button