CulturaMúsicaÚltima hora

“Soul&Roll” e “The Morgans” abrirán a programación do ciclo musical “Terrasón 2020” no Barco

Terán lugar mañá, 24 de xullo, e o sábado 25, a partires das 23:00 horas

O ciclo musical “Terrasón 2020” do Barco abre o seu programa con “Soul&Roll” e “The Morgans”. Terán lugar mañá, 24 de xullo, e o sábado 25, ambos a partires das 23:00 horas.

O dueto “Soul&Roll” actuará no Malecón, na zona da pasarela. Será en formato acústico, cun repertorio variado de versións de grandes éxitos dende os anos 80 ata a actualidade, pasando por diferentes estilos musicais e orientado a todos os públicos.

 

Soul&Roll.

 

Mentres que a banda de indie berciana “The Morgans” actuará na Praza Maior. No verán de 2018 comezaron a presentación de “Like a Queen”, o seu último traballo, “destacando a presentación do disco na Sala Moby Dick da capital madrileña e dando un salto aos festivais máis importantes do país como Sonorama Ribeira en Aranda de Duero, o festival de cultura urbana O Marisquiño de Vigo ou compartindo escenario con Sidonie na súa xira 20 aniversario”.

 

The Morgans.

Artigos relacionados

Back to top button