EconomíaEconomíaÚltima hora

Spain Trips propón paquetes turísticos para promocionar Valdeorras e comarcas limítrofes

A axencia de viaxes creada por Atvisa programa para este Entroido ofertas para desfrutar da festa en Viana do Bolo e Vilariño de Conso

 

Con máis de 40 anos de experiencia no sector do transporte de viaxeiros, a empresa valdeorresa Autocares Atvisa leva toda unha vida transportando xente e, consciente do gran potencial que ten Valdeorras e as comarcas limítrofes, para moitos grandes descoñecidas, hai aproximadamente un ano decidía dar un paso e completar a oferta creando unha axencia de viaxes.

Nace así Spain Trips, con sede en Barxela (Petín) e edición dixital, cuxa filosodía é “desfrutar da viaxe, que perviva no tempo, porque non só somos axentes e profesionais do sector, somos viaxeiros e como tal vendemos experiencias, coa idea de que os clientes o tomen con calma”, explica Sara González, a axente de viaxes á fronte de Spain Trips, destacando a boa calidade dos servizos que ofrecen. “Cando hai saídas imos a bos hoteis, a bos restaurantes… Pretendemos que cada viaxe sexa unha experiencia con anécdotas que contar”.

 

 

E para iso, deseñan e organizan cada viaxe con ganas e ilusión, pensando no cliente. “Levamos pouco tempo pero estamos moi contentos coa resposta da xente da zona”, di Sara, engadindo que tamén traballan como unha axencia receptora. “Atraer ao turista para potenciar a comarca era unha das ideas principais cando arrincamos, aínda que imos máis lentos porque hai que prepararse ben para recibir á xente, pero trátase de dar a coñecer a zona non só á xente de fóra senon para os propios daquí que ás veces non coñecemos o que temos máis cerca”, di.

E nesa dirección van as viaxes que teñen programadas a curto prazo. A primeira será á Festa co Cocido de Lalín e xa en pleno Entroido ás Festas da Androlla en Viana do Bolo e do Cabrito en Vilariño de Conso. “E xa de cara a longa estancia temos a Peñíscola en setembro e Benidorm en outubro para a xente daquí”, adianta Sara, explicando que nos paquetes intentan que esté todo incluído. “No caso de Viana e Vilariño leva o autocar e o acceso á festa co xantar e cando imos fóra vai con todo, guia acompañante, autocar que están todo o tempo, hotel pensión completa, excursións, todo”.

 

 

E por suposto, como axencia que son, organizan as típicas viaxes, de esquí, ao Caribe,… ou a calquera destino imaxinable.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button