CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Sr. Jingles actuará na XXXIX Feira do Viño de Sober

A banda liderada polo barquense Ramiro Núñez dará un concerto o 13 de abril ás 23h. na praza do Concello desta localidade lucense
Ramiro Núñez, nunha actuación./ Foto: Mónica G. Bellver.

O viño maridará dun xeito especial coa música nunha edición máis da Feira do Viño de Amandi en Sober. No programa deste certame, previsto para a fin de semana do 13 e 14 de abril, incluírase a actuación da banda valdeorresa Sr. Jingles, liderada polo barquense Ramiro Núñez. O seu concerto está previsto para o sábado 13 de abril ás 23h. na praz ado Concello de Sober.

O programa desta fin de semana contará tamén coas actuacións da Banda de Música de Sober, cun grupo de música tradicional, coa charanga Louban, con Gin Tonic’s, así como coa cgaranga NBA e coa orquestra Los Satélites. Ademais a pregoeira desta edición, a fadista María do Ceo, ofrecerá un concerto o 13 de abril ás 20h. no Auditorio do Centro Sociocultural de Sober.

Máis información:
https://osil.info/sober-presenta-o-cartel-e-o-programa-da-xxxix-feira-do-vino-de-amandi/

Artigos relacionados

Back to top button