CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Sr. Jingles (O Barco) pechará o día grande do VII FanCine de Lemos

Este sábado 24 de xullo, o Festival Internacional de Cine Fantástico incluirá un concerto de rock e curtas galegas contando coa presenza do actor Antonio Durán "Morris"

Sr. Jingles, Ramiro Núñez sobre o escenario. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

Mañá, sábado 24 de xullo, o VII Festival Internacional de Cine Fantástico, FanCine, de Lemos celebrará o seu día grande cun concerto de rock, curtametraxes galegas e a presenza do actor Antonio Durán “Morris”.

No marco de Adega Algueira, no concello de Sober, terá lugar a sesión de curtametraxes galegas onde os directores Noelia M. Muiño González, Dani Viqueira, Iria Ares, Alberto Vázquez, Miguel G. Abad, Guille Vázquez e Rufo García compartirán os seus últimos traballos co público asistente; terror, reflexión, humor, nostalxia e amor son algúns dos ingredientes que atoparemos nestas curtametraxes.

A continuación, haberá unha charla con Andrés Goteira, director de Monstro, Suso López, produtor de Gaita Films, e o protagonista da película, Antonio Durán “Morris”.

E para rematar, en torno ás 21:30 horas, o concerto de Sr. Jingles, banda liderada polo barquense Ramiro Núñez, que co seu Rock & Roll porá o broche de ouro á xornada en Sober.

 

Artigos relacionados

Back to top button