Con influencias de figuras nacionais do rock clásico como Carlos Tarque ou M-Clan; e da escena indie como Vetusta Morla, Sr. Jingles, a banda liderada polo músico barquense Ramiro Núñez, debutaba co álbume El Grito Wilhelm.
Composto na súa totalidade por Ramiro e producido por Jorge F. Ojea o disco é “unha alegoría da protesta e a denuncia social” tal como el mesmo esplica; unha chamada á cordura expresada en 12 cancións que falan de temas cruciais para toda a sociedade: a guerra, a violencia de xénero, as drogas, a política e mesmo o cinema.
Tras meses de traballo e concertos, Sr. Jingles levaba un tempo anunciando novidades que daban a coñecer hoxe. Dende este domingo 12 de febreiro está dispoñible en Youtube o videoclip do que fóra o seu primeiro sinxelo ‘Fénix’, dispoñible tamén en Spotify ou iTunes. Un traballo audiovisual no que se rodea de grandes músicos como Lucas Rodicio, Ralph, Luis Vivas “e o meu amigo, compañeiro e socio David Quintas”, puntualiza Ramiro.




