Un pop rock melódico moi audible e unha voz que tende a romper máis en favor do rock que do pop. Así é a música de Sr. Jingles, o álter ego do músico barquense Ramiro Núñez cando sube a un escenario que, despois de moito traballo, editaba o seu disco El Grito Wilhem formado por doce temas e un directo moi contundente.
Producido por Jorge F. Ojea, trátase dun traballo moi especial que inclúe o tema Fénix co que S. Jongles vén de ser seleccionado como un dos vinte finalistas do I Concurso de Bandas Planeta Sound, de Ponferrada.
Segundo as bases do concurso, dende o 15 de febreiro e ata o 31 de marzo estará aberto o prazo para as votacións a través da plataforma do festival (https://planetasound.com/concurso-bandas/). A banda ou artista ganador resultará aquel que a 31 de marzo ás 23:59h. teña máis votos. En caso de empate, o xurado que se encargou da preselección, será quen escolla a banda ganadora.
O premio consiste en ter a oportunidade de tocar na segunda edición do Festival Planeta Sound (FesSval) que terá lugar os días 17, 18 e 19 de xullo en Ponferrada. Ademais a banda ganadora obterá 500 euros para gastos e o catering durante o festival.