ConcellosSen categorizarÚltima hora

As súas maxestades de Oriente xa teñen listo o percorrido por Barbadás

O itinerario comprende oito pobos do municipio: Loiro, Bentraces, Sobrado, Barbadás, Lamas, San Lourenzo de Piñor, Parada e A Valenzá
Baltasar, Gaspar e Melchor

Os Reis Magos xa anunciaron o seu percorrido polo concello de Barbadás. En total, as súas maxestades de Oriente percorrerán oito pobos do municipio para poder estar con todos os rapaces de Barbadás e que lles transmitan os seus desexos para se máxica noite.

O itinerario comezará no centro social de Loiro ás 16:00 horas. Media hora despois, Melchor, Gaspar e Baltasar estarán en Bentraces, tamén no centro social. Tras iso, as súas maxestades irán cara Sobrado, onde recibirán aos nenos a partir das 17:00 horas na escola de música. Ao rematar nesta parroquia irán cara ao pobo de Barbadás, para recibir aos máis cativos no local do centro médico a partir das 17:30 horas.

Os nenos e nenas de as Lamas deberán achegarse ao centro social do pobo a partir das seis da tarde se queren entregarlle as súas cartas aos reis. Tras iso, os tres monarcas irán a San Lourenzo de Piñor, a partir das seis e media da tarde. Os Magos de Oriente porán rumbo cara Parada ás 19:00 horas e, finalmente, a última cita das súas maxestades será cos cativos de A Valenzá, concretamente no centro social Finca Fierro ás 19:30 horas.

Artigos relacionados

Back to top button