En portadaÚltima hora

Subida do IBI no 2020 no Barco, A Rúa, A Veiga, Celanova e A Gudiña

Unha das rúas do centro do Barco.

 

A partir do vindeiro ano 2020 subirá a cantidade que pagan anualmente os propietarios de bens inmobles urbanos en 22 concellos galegos, cinco ourensáns: A Gudiña, A Veiga, A Rúa, Celanova e O Barco de Valdeorras. Así se acordaba na revisión do catastro aprobada na reunión do Consello de Ministros que se celebraba o pasado venres 27 de decembro. En total 1.092 concellos españois acóllense a esta actualización.

Ao día seguinte, 28 de decembro, no Boletín Oficial do Estado (BOE) publicábase unha orde coa relación de municipios nos que se aplicarán os coeficientes de actualización á alza, como é o caso dos concellos ourensáns, ou á baixa.

Artigos relacionados

Back to top button