DeportesÚltima hora

Suspéndese I Andaina Solidaria Móvete polas Enfermidades Raras no Barco

Estaba prevista para este vindeiro domingo 15 de marzo, pero a organización tomaba a decisión de non celebrala

 

Dende a organización da I Andaina Solidaria Móvete polas Enfermidades vén de anunciarse que se suspende esta proba solidaria, que estaba prevista para a mañá do domingo 15 de marzo. A decisión tómase como medida de precaución. “O Concello del Barco decidiu suspendela ata novo aviso”, tal e como informa a través das redes o Club Peña Trevinca Barco.

Ademais suspéndese a charla divulgativa prevista para esta tarde na Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán do Barco.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button