Dende o Concello do Barco vén de informarse de que se suspende o concerto de Nadal do Conservatorio e da Escola de Música do Barco que estaba previsto para a tarde do 21 de decembro no Teatro Lauro Olmo do Barco.
“A dirección do Conservatorio do Barco comunicou ao Concello a súa decisión de proceder á suspensión tras xurdir positivos entre o alumnado e como medida preventiva co fin de cortar a posibilidade de contaxio”, tal e como indica o Concello do Barco.