No P67 na etapa e no P94 na xeral remataba Edu Iglesias a xornada do 6 de xaneiro no Dakar 2022. Quinta etapa cunha especial de 345 km máis 215 de enlaces que era suspendida pola organización antes de tempo.
A primeira parte discorreu por pistas de navegación difícil en espazos abertos, mentres que a segunda facíao po zonas de pedras e pasos entre canóns, para terminar a etapa cunha zona de dunas. “Eduardo sentiuse hoxe moi ben, estando en posicións en torno ao 64 nos primeiros 150 km”, aseguran dende o equipo do piloto monfortino, recoñecendo que nun momento tivo algúns problemas coa navegación que lle fixeron perder posicións.
Finalmente no km 270 a organización decidía suspender a etapa debido ao forte vento que había que provocaba tormentas de area impedindo saír aos helicópteros.
Fotos e vídeo: Monforte Rally Team.