DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Táboas no Aguillón en cuartos de final da Copa Deputación 2ª Benxamín F-8

Publicidade
Na tanda de penaltis tralo empate a uns ante o Arenteiro, o Rúa quedaba eliminado da competición

Ata cuartos de final da Copa Deputación chegaba o benxamin B do C.D. Rúa que dirixe Luis María Ferrer. O empate a 5 goles no campo do Bosco que se resolvía cos penaltis favorables aos rueses dáballes o pase, pero de novo un empate, desta volta en casa no campo do Aguillón, impedíalles pasar a semifinais.

O partido ante o Arenteiro comezaba ás seis da tarde do 26 de maio diante de numeroso público que animaba aos pequenos e eran os locais os que se adiantaban no marcador no minuto 11. Co 1-0 no marcador chegaba o descanso e malia o bo xogo dos rueses que seguiron intentando marcar, eran os do Carballiño os que lograban o empate no minuto 39. Con este resultado chegaban de novo os penaltis, que nesta ocasión perdían os rueses quedando eliminados da Copa.

Pasan a semifinais o Arenteiro, Ourense, Maceda e Celanova.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button