Co 1-1 no marcador remataba o encontro correspondente á xornada 26ª en segunda autonómica
Cun empate a uns remataba o partido disputado na tarde do 26 de marzo no Aguillón entre o C.D. Rúa (oitavo clasificado) e o C.D. Coles (faroliño vermello).
Malia o dominio local, con varias oportunidades incluído un penalti, os rapaces de Javi Ferrer non estiveron acertados de cara á portería do Coles, rematando a primeira metade do encontro co marcador a ceros. Xa na segunda parte, eran os visitantes os que se adiantaban co gol de Lobelle no minuto 80. Apenas sete minutos despois, Ismael lograba o empate e un punto para o Rúa.
Malia que aínda quedan catro partidos para o final da liga e este empate, o conxunto amarelo e azul segue lonxe dos postos de promoción.
Fotos: Mónica G. Bellver.