DeportesFútbolÚltima hora

Táboas no Bañadoiro entre o CD Córgomo Vilamartín e o Sporting Carballiño

 

Intensa tarde de fútbol a vivida neste domingo 16 de marzo no campo do Bañadoiro entre o CD Córgomo Vilamartín e o Sporting Carballiño.

 

 

Coa “Homenaxe a Mari” comezaba o encontro da xornada 26 na Segunda Futgal entre dous equipos que deron un gran espectáculo sobre o terreo de xogo, con ataques e boas defensas, que se saldaba co empate a uns.

 

 

Tras unha primeira parte sen goles, eran os de David Pérez os que se adiantaban no marcador co gol de Regue aínda que pouco antes do final, no minuto 88, marcaban os da vila do Arenteiro. Co empate a uns e sen tempo para máis ambos equipos repartían os puntos.

 

 

A seguinte cita para os valdeorreses será no campo de San Rosendo contra o Sporting Celanova.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button