DeportesEn portadaFútbolÚltima hora

Táboas no Bañadoiro trala remontada do CD Córgomo Vilamartín ante o Pol. San Cibrao

Co 2-2 remataba o partido disputado na tarde deste domingo 19 de xaneiro

 

A cousa non é como empeza senón como acaba. Nada mellor que o fútbol para verificar esta máxima que unha vez máis quedaba patente no campo do Bañadoiro onde o CD Córgomo Vilamartín volvía darlle volta a un marcador adverso logrando un importante empate ante o Pol. San Cibrao nun partido pasado por auga.

Na tarde deste frío e chuvioso domingo 19 de xaneiro, os rapaces de David Pérez comezaban a segunda volta cun partido que se lles poñía de costas cos dous goles rivais na primeira parte, un no minuto 11 e outro no 45′ cun tempo que non axudaba.

Mais como veñen facendo sobre todo nos últimos encontros, tralo paso polo vestiario os ánimos quecían no conxunto verdibrando e no minuto 59 Joni recurtaba distancias co primeiro gol local. O segundo marcábao Deivis no minuto 76. O marcador xa non se movería pero co empate 2-2 o CD Córgomo segue sumado. Hoxe un punto máis.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button