Con caras novas, moitas chegadas da veciña Quiroga, e ilusións renovadas comezaba a tempada o Pizarras Tres Cuñados FS. Facíao en casa, no día grande das Festas do Cristo cun empate a tres ante o CVC Valladares.
Na tarde deste sábado 14 de setembro e trala homenaxe do equipo a un dos seus, Jesús Carrera, falecido hai sete anos nun accidente de tráfico, os rapaces de Felipe Álvarez collían posicións sobre o parqué do pavillón municipal de Calabagueiros dominando os primeiros minutos do partido. De feito adiántabanse no marcador cos dous primeiros goles de Daniel, un xa no minuto 4 e outro no 9′ poñendo en pé á bancada chea de afeccinados expectantes polo inicio de tempada.
Os visitantes non estaban dispostos a ceder tan pronto e dous minutos despois poñían o 2-1 no marcador. Xa na segunda parte, no minuto 22 Hamza marcaba o terceiro para o Tres Cuñados pero a partir de aí os xogadores do Valladares apretaron o xogo marcando os dous goles que lle daban o empate, un no minuto 30 e outro no 39′.
O equipo valdeorrés suma así o primieiro punto nun partido marcado pola emotividade do memorial Jess e polas Festas do Criso no Barco. O seguinte partido será a domicilio contra o CD Beade.
Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.