Talleres para mellorar a educación emocional dos nenos en Barbadás
27 de Outubro de 2016
Enmárcanse dentro do programa da Escola de Familias e levaranse a cabo o 10 de novembro e o 1 de decembroCartel dos ultimos obradoiros do primeiro trimestre do curso.
A Concellería de Educación de Barbadás pecha o ciclo do primeiro trimestre de curso con dous talleres para continuar mellorando a educación emocional dos cativos. Estas actividades enmárcanse dentro da programación deseñada para a Escola de Familias e levaranse a cabo o 10 de novembro e o 1 de decembro.
O máis inmediato versará sobre a autoestima do neno e mostrará as mellores tácticas para potenciar a autoestima a través do poder do vínculo emocional. A cita será a partires das 19h, mesma hora para o taller do 1 de decembro. Este estará orientado, pola súa banda, á xestión dos celos e enfados entre nenos.
Usamos cookies no noso sitio web para proporcionarlle a experiencia máis relevante lembrando as súas preferencias e repetindo visitas. Ao facer clic en "Aceptar", acepta o uso de TODAS as cookies.
Este sitio web usa cookies para mellorar a súa experiencia ao navegar polo sitio web. Destas cookies, as cookies que se clasifican como necesarias almacénanse no seu navegador, xa que son esenciais para o funcionamento das funcionalidades básicas do sitio web. Tamén empregamos cookies de terceiros que nos axudan a analizar e comprender como usa este sitio web. Estas cookies gardaranse no seu navegador só co seu consentimento. Tamén ten a opción de optar por non recibir estas cookies. Pero a desactivación dalgunhas destas cookies pode afectar a súa experiencia de navegación.
As cookies necesarias son absolutamente esenciais para que o sitio web funcione correctamente. Esta categoría só inclúe cookies que garanten as funcionalidades básicas e as funcións de seguridade do sitio web. Estas cookies non almacenan ningunha información persoal.