DeportesFútbol salaRúa Valdeorras CFÚltima horaVídeos

Tamén as rapazas do Rúa-Valdeorras Futsal locen a camiseta da Carreira contra o cancro de páncreas

O equipo feminino, que apoia a carreira de Vilamartín, perdía 1-10 ante ao 5 Coruña FS

 

Cada vez queda menos para a data e os equipos valdeorreses seguen sumando apoios á Carreira das Cidades contra o cancro de páncreas de Vilamartín que se celebrará o vindeiro 29 de outubro.

Nesta ocasión eran as rapazas do Rúa-Valdeorras Fútsal as que lucían a camiseta morada xunto antes do inicio do partido ante o 5 Coruña FS disputado na tarde deste sábado 21 de outubro no pavillón municipal da Rúa.

 

 

Trala vitoria (2-3) da pasada xornada na cancha do Compostela, a primeira no que vai de tempada, as rapazas de Rosendo Durán saltaban ao parqué moi motivadas e con ganas de repetir, pero non pudo ser. Pelexaron todo o que puderon pero as coruñesas, veteranas nesta competición non lles deron opción, rematando o encontro cun contundente 1-10. O gol local era obra de Marta no minuto 32.

A seguinte xornada levará ás valdeorresas ata terras pontevedresas para xogar contra o CD Mosteiro Bembrive “B”.

Fotos e vídeo:  Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button