OurenseÚltima hora

Tanxugueiras actuarán o 28 de xullo no Laroucofest 2018, en Baltar

O festival conta con actividades lúdicas, deportivas e musicais que teñen como protagonista á mocidade
Presentación da Laroucofest 2018. en Ourense.

Poñer en valor a riqueza do medio ambiente e as tradicións do rural, é a aposta que fai a IV edición do Laroucofest que se celebrará no concello de Baltar os días 27 e 28 de xullo, en torno a un programa con actividades lúdicas, deportivas e musicais que teñen á mocidade como protagonista.

O Laroucofest pretende, segundo os organizadores, “crear un movemento asociativo da xuventude da contorna rural”. Así, as actividades comezarán o venres 27 de xullo, ás 20 horas, coa mesa redonda “Proxectos no rural: o coidado do medio ambiente”, que ten como finalidade analizar os mecanismos de protección da Serra do Larouco. A este foro de debate sumaranse os participantes no campionato europeo de Parapente, quen tralo acto celebrarán unha cea de confraternización.

O sábado 28 de xullo a xornada comezará ás 9 horas cunha andaina e un trail pola Serra do Larouco, e á mesma hora terá lugar un encontro de parapente. As 18 horas haberá xogos populares e unha foliada con grupos tradicionais galegos da contorna, e como remate ás 21 horas terán lugar os concertos dos grupos De pé feito, Tanxugueiras e Brincadelia Troupe.

 

As Tanxugueiras nun concerto no Teatro Lauro Olmo do Barco de Valdeorras. /Foto: Ángeles Rodríguez.

Artigos relacionados

Back to top button