CulturaMúsicaÚltima hora

Tarde de jazz en Teimende (Parada de Sil)

O grupo "West Coast Reunion" ofreceu un concerto o sábado 25 de xullo, ás 19:30, na adega de licores e cervexas artesás Icatú

Publicidade

 

O trío de jazz “West Coast Reunion” actuou este sábado, 25 de xullo, na aldea de Teimende, no concello ourensán de Parada de Sil. O concerto comezou arredor das 19:30h, nos xardíns da adega de licores e cervexas artesás Icatú. Os músicos interpretaron un repertorio de jazz libre e improvisado. Durante o concerto, veciños e visitantes do concello de Parada de Sil tamén puideron degustar as cervexas e xinebras artesás que ofrece a licorería.

O aforo estaba limitado a un máximo de 74 persoas e o evento esgotou rapidamente as entradas dispoñibles, que se puxeron á venda a un prezo de 8 euros. A organización velou polo cumprimento de todas as medidas e protocolos fronte ao Covid-19.

Fotos: cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button