A RúaConcellosÚltima horaVídeos

Tarde de terror e música no Centro Cultural Avenida da Rúa ao ritmo da Banda do Verán

 

Valdeorras enteira está inmersa na celebración do Samaín e no caso do concello da Rúa festéxanos por partida triple.

Trala exitosa e terrorífica tarde de Samaín na Rúa Vella o sábado 28 de outubro, con 200 cativos percorrendo as rúas e casas da vila na procura de lambetadas, na tarde deste domingo día 30 era o turno da música no Centro Cultural Avenida, a cargo de Xoán Curiel e A Banda do Verán, cunha actividade enmarcada no Convenio para o segundo semestre de 2022 entre o Concello da Rúa e a Agadic.

 

 

Diante dos espectantes cativos (moitos disferazados) e os seus pais, presentábase ‘A casa do terror’, un espectáculo musical galego para o público infantil que fusiona música, teatro e danza. O terror que caracteriza a esta festa convertida en auténtica diversión. Á saída do espectáculo os cativos tiñan lambetadas e piruletas na entrada do cine.

A terceira cita co Samaín na Rúa será mañá, luns 31 de novembro, antes do magosto popular, cun espectáculo de maxia a cargo do mago Robero Lolo previsto paraa s 17 horas no Centro Cultural Avenida e con entrada gratuíta.

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button