CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

Tardes de danza no Teatro Lauro Olmo do Barco

A academia Bayadère clausura o curso cunha multitudinaria exhibición

Dende as máis pequenas ata as maiores. Por segundo ano consecutivo, as alumnas da academia de danza Bayadère subíanse ao escenario do Teatro Lauro do Barco para celebrar a fin de curso. Na tarde do 26 de xuño tiña lugar un festival que enchía de público o auditorio para asistir a unha numerosa e variada gama de actuacións.

En grupos, dúos ou individualmente, ao longo de máis dunha hora o alumnado do centro amosou unha gran diversidade de estilos e de ritmos, da música clásica ao baile moderno, pasando polo flamenco ou o hip hop. E todo entre os aplausos dos asistentes que terán oportunidade de volver a ver ás bailarinas nunha segunda función prevista para mañá 27 de xuño a partires das 20:30h.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button