ConcellosÚltima hora

“Ter unha sede da Deputación en Valdeorras vai achegar a institución á sociedade da comarca”

A deputada delegada especial para Valdeorras na Deputación de Ourense, María Carmen González, valora deste xeito o anuncio da Deputación sobre as xestións para abrir unha sede do organismo provincial na Casa Grande de Viloira (O Barco)

A deputada delegada especial para Valdeorras, Marcía Camen González./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Con moita satisfacción e agradecemento recibe a deputada delegada especial para Valdeorras, María Carmen González Quintela, o anuncio sobre as xestións para abrir en breve unha sede provisional da Deputación de Ourense nesta comarca, en concreto na Casa Grande de Viloira (O Barco). “Dende logo é unha satisfacción persoal, e creo que tamén para Valdeorras, contar cunha sede da Deputación de Ourense na comarca para achegar a institución á sociedade valdeorresa é evitar que cando alguén teña que tramitar unha subvención, por exemplo, se vexa obrigada a ir con papeleo a Ourense e logo, volver alá, para facerlle un seguemento”, destaca a deputada, tamén alcaldesa de Carballeda de Valdeorras.

Ademais González Quintela menciona a importancia da apertura desta sede para achegar a xestión provincial a Valdeorras. “Trátase de saber que a institución está aí, non só para dar subvencións evidentemente, xa que a Deputación é basicamente servizos, e que témola aquí á porta. Penso que isto é un fito para Valdeorras e, pola miña parte, supón unha satisfacción tremenda e un agradecemento infinito ao presidente da Deputación que na súa investidura comprometeuse xa mostrando unha sensibilidade total cara esta comarca”, indica María Carmen González Quintela. Así mesmo adianta que en dúas ou tres semanas “xa teremos esa nova sede física provincial xa instalada para servir a Valdeorras”.

Tamén explica a deputada delegada especial para Valdeorras que a axilidade na posta en funcionamento desta sede, “aínda que dunha maneira en principio provisional, pero digna da institución” foi posible grazas “á xenerosidade da Xunta de Galicia, que nos facilitou parte da súa casa para esta tarefa”.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button