SanidadeÚltima hora

Terceira dose da vacina fronte ao Covid para as persoas de entre 60 a 69 anos e sanitarios

Estanse programando ao redor de 37.000 citas diarias nos distintos puntos de vacinación das sete áreas sanitarias de Galicia

 

Continúa coa súa estratexia de vacinación fronte ao covid coa programación ao redor de 37.000 citas diarias nos distintos puntos de vacinación das sete áreas sanitarias. As citas fanse a través de SMS. Na actualidade estase a inocular a dose de reforzo que se administra cunha vacina de ARN mensaxeiro, xa ben sexa Pfizer ou Moderna, indistintamente, tal e como contempla a estratexia de vacinación, e en función da vacina enviada polo Ministerio de Sanidade.

Os grupos que están a ser vacinados nesta fase son as persoas de entre 60 a 69 aos e os profesionais dos centros sanitarios e sociosanitarios. Ademais, a Xunta de Galicia prosegue coas respescas dos maiores de 70 anos, ou dos vacinados con Janssen.

Tal e como subliña a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, “o reforzo, indistintamente con calquera das dúas vacinas de ARN mensaxeiro, incrementa a inmunidade e, en consecuencia, reduce os ingresos hospitalarios e os falecementos. Por conseguinte, esta dose de reforzo, que mellora o nivel de anticorpos, protexe aínda máis ás persoas vacinadas”. A Xunta tamén lembra que a estratexia de vacinación está avalada por unha comisión de expertos de todas as comunidades autónomas, así como pola Comisión Nacional de Saúde Pública.

Artigos relacionados

Back to top button