SanidadeÚltima hora

Terceira dose para persoas de 18 a 29 anos, a vindeira semana en Galicia

 

A vindeira semana comezará en Galicia a administración da terceira dose da vacina contra o Covid a persoas de entre 18 e 29 anos “que xa teñan cumprido os 5 meses dende a segunda dose da vacina”. Así o anunciaba o presidente do goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, tras a celebración do Consello da Xunta deste xoves.

Así na vindeira semana citarase a uns 165.000 galegos para inocularlles esta terceira dose. Feijóo lembraba que onte, mércores, comezaba a poñerse esta dose de reforzo ao grupo etario de 30-39 anos e que nesta semana serán 175.000 ás persoas que recibirán este terceiro pinchazo.

Artigos relacionados

Back to top button