Os hospitais públicos de Ourense, Verín e Valdeorras comezan hoxe a vacinación masiva fronte ao virus respiratorio sincitial (VRS), dos bebés nados dende o 1 de abril deste ano, para a que se convocarán en Ourense ao redor de 700 nenos e nenas, segundo informa a área sanitaria ourensá.
Os virus sincitiais son a causa máis frecuente de ingreso hospitalario dos lactantes, ou dos nenos máis pequenos. Son virus moi frecuentes, en nenos e adultos, que infecta os pulmóns e o aparello respiratorio, causando síntomas parecidos aos dun arrefriado, pero nos bebés, prematuros ou nenos cun sistema inmunitario debilitado, pode causar unha infección grave, e derivar en pneumonía e bronquiolite.
Para protexer aos máis cativos empregarase un anticorpo monoclonal co que se consegue unha resposta rápida e directa fronte a enfermidade grave.
634 bebés convocados en Ourense, Verín e Valdeorras
Con esta convocatoria masiva dos bebés nados dende o 1 de abril compleméntase a vacinación, posta en marcha a semana pasada, dos recén nados nas súas primeiras 24-48 horas de vida, directamente no hospital, nas unidades de obstetricia ou neonatos, iniciativa que se manterá ata o final da campaña, prevista ata o 31 de marzo.
Igualmente a pasada
Segundo a estimación da Dirección de Saúde Pública, nesta área sanitaria citaranse a partir desta data a 634 nenos e nenas.
Do 2 ao 11 de outubro, citaranse no Hospital Universitario a 549 nenos e nenas, que recibirán a súa dose na Aula de Innovación, na planta 0 do novo edificio de hospitalización. Igualmente, do 2 ao 10 de outubro, citaranse a 46 bebés no Hospital Público de Valdeorras, na biblioteca, e a 39 no de Verín, nas consultas de pediatría.
Os pais e nais comezarán estes días para recibir as mensaxes, vía SMS, do Servizo Galego de Saúde coa cita para a vacinación do seu fillo, igual que se fixo nas campañas de vacinación fronte a Covid, ou nas citas de consultas ou probas.
Campaña COVID-GRIPE
O inicio da campaña de vacinación Covid-Gripe será secuencial para favorecer a priorización dos colectivos con maior risco. Así, as persoas residentes en centros de maiores e de discapacidade serán vacinadas no seu centro.
Ademais os Servizos de atención primaria administrarán, nas cabeceiras de comarca, a vacina fronte a gripe e a covid-19 ás persoas de 80 e máis anos, que serán citadas proactivamente mediante unha mensaxe de texto. Así mesmo, vacinaranse a domicilio ás persoas inmobilizadas que pertenzan aos grupos diana.
Ao longo do mes de outubro habilitaranse de novo os punto de vacinación central grandes recintos, en Expourense e nos hospitais de Verín e Valdeorras para a vacinación conxunta fronte á gripe e a covid-19 dos menores de 80 anos, que serán citadas de forma proactiva mediante unha mensaxe de texto.
Fotos cedidas.