OurenseÚltima hora

Termatalia aprázase ata o 2021

A Feira Internacional de Turismo Termal, Saúde e Benestar organizará proximamente accións formativas dirixidas aos profesionais do sector

 

Termatalia, a Feira Internacional de Turismo Termal, Saúde e Benestar apraza ata o 2021 a súa vindeira edición, prevista pas os días 16 e 17 de setembro na provincia arxentina de Entre Ríos. Unha decisión motivada “pola pandemia mundial provocada polo Covid-19 que conleva que, por responsabilidade sanitaria, social e económica, non poida celebrarse este ano con todas as garantías de seguridade para expositores e visitantes que participan neste evento que reúne en cada edición a profesionais dunha trintena de países”, explican dende Expourense.

Dada a coxuntura global actual, nas vindeiras semanas os órganos reitores que integran o Padroado de Fundación Expourense, entidade organizadora de Termatalia, evaluarán a data e a sede máis axeitadas, despois de analizar como quedará o panorama mundial na era posterior aocoronavirus.

Mentres tanto, nos vindeiros meses Termatalia organizará unha serie de accións formativas on line dirigxidas á comunidad termal internacional co obxectivo de manter activa a rede termal e de turismo de saúde creada pola feira durante o seus máis de 20 anos de historia e que ten a esta cita como o seu referente á hora de formarse ou de realizar novos contactos comerciais.

 

Artigos relacionados

Back to top button