CulturaCulturaÚltima hora

“Terrasón 2020” remata o seu primeiro fin de semana con “The Morgans”

O concerto tivo lugar na Praza Maior, ás 23:00h

 

O ciclo musical “Terrasón 2020” remata con éxito o seu primeiro fin de semana de actuacións. “The Morgans” foi a banda encargada de amenizar a noite do sábado, 25 de xullo. A actuación comezou pouco despois das 23:00h, na Praza Maior do Barco.

A banda berciana de indie pop quixo adaptar o seu repertorio ás circunstancias e o resultado foi un concerto máis suave e acústico do habitual en “The Morgans”. A recepción do público foi especialmente cálida: todas as localidades habilitadas estiveron ocupadas e moitos dos asistentes tiveron que desfrutar do concerto de pé. O ambiente festivo e as temperaturas cálidas tamén animaron aos barquenses a sentarse nas terrazas dos bares e restaurantes da praza, que tiveron unha destacable afluencia de clientes.

“The Morgans” tamén quixeron agradecer ao Concello do Barco a oportunidade de participar no “Terrason 2020” e destacaron que este tipo de iniciativas permiten “que a música e a cultura continúen pese a crise sanitaria”. O uso de mascarilla foi obrigatorio durante o concerto e todos os asistentes cumpriron as medidas de distanciamento social pertinentes.

A próxima cita do ciclo musical será con “Two in the Mirror”; o vindeiro venres, 1 de agosto, no cruce da rúa Abdón Blanco co Paseo do Malecón. Ao día seguinte, “Nunca Fuimos Ángeles” amenizarán o mediodía a partir das 13:00h, na Praza de Viloira.

Fotos: cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button