Este venres 6 de maio chega á Sala Baranda do Barco de Valdeorras un dos mellores tributos a Queen da man de ‘The Show Must Go On”, unha fiel posta en escena que emula completamente ao verdadeiro e carismático Freddie Mercury, apoiada por harmonías perfectamente elaboradas e cunha gran fidelidade dos demais membros da banda, tanto no aspecto visual como musical para recrear o que era a experiencia de vivir un espectáculo de Queen.
A Banda percorre todo o catálogo de Queen, desde os seus comezos en 1973 ata o seu último álbum Made in Heaven 1995. Éxitos insuperables como Bohemian Rhapsody, We Will Rock you, Love of my Life, Another One Bites the Dust ou We are the Champions e moitos outros conmoverán ao público.
As entradas custan 16 euros anticipada (+gastos de distribución) e 20 euros en taquilla. Venda en Ton y Son e en http://ataquilla.com.