ConcellosManzanedaÚltima hora

Tomás Macía, usuario da residencia de Manzaneda, celebra o seu 101 aniversario

Tomás Macía celebra hoxe o 101 aniversario.

 

Hoxe foi un día moi especial na residencia Gabino García do Concello de Manzaneda, xa que un dos residentes, Tomás Macía Fernández celebrou o seu 101 aniversario.

Nesta ocasión, a diferenza do ano pasado, a situación sanitaria permitiulle recibir a visita da súa familia, estando acompañado pola súa filla Mérita, que pudo vir de Francia tras levantarse o confinamento, e polo seu sobriño Antonio que reside en Barcelona.

 

Tomás Macía coa súa filla, o seu sobriño e o alcalde de Manzaneda.

 

Na xornada deste xoves 20 de maio, Tomás recibiu tamén os parabéns do alcalde de Manzaneda, Amable Fernández, así como dos residentes e persoal do centro, recibindo un pequeno agasallo. Cun perfecto estado de saúde e moi boa memoria, este veciño de Mazaneda poderá desfrutar deste día tan especial. Parabéns!

 

Tomás Macía coa súa filla Mérita.

Artigos relacionados

Back to top button