DeportesÚltima hora

Torneo de Golf Rústico o 7 de agosto no Aguillón, no marco das Festas de Verán da Rúa

Imaxe de aquivo. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

As Festas de Verán deste 2023 na Rúa recuperan o apartado deportivo con probas como a Milla Urbana Nocturna ou o tradicional torneo de tenis das festas, incluíndo outra actividade vencellada a estes festexos. Trátase do Torneo de Golf Rústico que se celebrará o luns día 7 de agosto no Aguillón, unha modalidade “por aproximación” aberta a todo aquel que desexe participar de forma gratuíta.

 

Participantes nunha edición anterior do torneo de golf trala compecitión./ Foto cedida.

 

A competición nacía hai case vinte anos da man dun grupo de afeccionados, no marco das Festas de San Antón, en Fontei, pero pronto pasou a formar parte da programación das chamadas “Festas da Estación”. A edición deste ano comezará ás 18:30 horas no antigo campo de fútbol e as inscricións poden facerse no mesmo lugar a partir das seis.

 

Xogadores de golf no campo da Rúa./ Foto cedida.

Artigos relacionados

Back to top button