DeportesÚltima hora

Torneo Festas do Cristo, do 16 ao 21 de setembro no Barco, da man de Pádel Club Valdeorras

Será a primeira proba do Circuíto Even Pádel Tour

 

Moi activa se presenta a tempada para o Pádel Club Valdeorras que xirará en torno á tres actividades: un circuíto, as clases e as series nacionais.

Do 16 ao 21 de setembro será o Torneo Festas do Cristo, a primeira proba do Circuíto Even Pádel Tour no que se meteron este ano dentro da Conferencia Norte. “Os mellores de cada club enfrontaranse nun máster e os gañadores irán á final que se celebrará en Barcelona”, explican dende o club valdeorrés, avanzando que o torneo do Barco comezará ás 19 horas do luns ata que terminen os partidos e a final será o sábado pola tarde.

 

 

“A idea é facer seis torneos aquí para que sen desprazarse, os deeportistas poidan competir e acceder á conferencia”, aseguran dende o club que este ano participará con 4 equipos nas Series Nacionais: o equipo feminino na categoría Future; dous equipos masculinos tamén na categoría Future; e outro equipo masculino na categoría 500. “É unha competición por equipos e categorías na que hai unha liga regular e despois play off e nós representamos a Galicia pero en Castela León por proximidade. Nos play off os equipos que gañen irán a Asturias a competir e o equipo gañador completo irá ás interseries a Valencia ou Madrid co resto de competidores de España, Italia, Finlandia, Suecia e Portugal”, explican.

E xa o 7 de outubro comezarán as clases, con niveis tanto en adultos como menores, de iniciación, avanzado e competición.

 

Artigos relacionados

Back to top button