SanidadeÚltima hora

Torneo solidario de xadrez para conmemorar o Día Mundial do Alzheimer na provincia

Publicidade

 

O Servizo de Neuroloxía do Hospital Universitario de Ourense en colaboración con Afaor (Asociación de Alzheimer de Ourense) e o Club de Xadrez El Liceo de Ourense, organizan esta tarde, un “torneo solidario de Xadrez” para conmemorar o Día Mundial do Alzheimer que se conmemora hoxe.

O torneo, no que están inscritas unhas 30 persoas, celebrarase no Parque Biosaudable, na azotea do novo edificio de hospitalización, ás 16.30 horas. Nel poden participar o persoal do Servizo Galego de Saúde da nosa Área Sanitarias así como as familias e os pacientes de alzheimer. O prazo de inscrición estará aberto ata mañá luns, día 19, é gratuito e podes facelo na sede de AFAOR ou na secretaría do Servizo de Neuroloxía. Coordinada polo maestro de xadrez ourensán, Joaquín Bello. O obxectivo desta iniciatia é difundir a celebración do Día Mundial do Alzheimer e promover o xogo como ferramenta para protexerse do olvido.

Ademais está prevista unha charla de Leontxo García, mestre internacional, conferenciante, presentador e xornalista especializado en xadrez. Será o día 23 de setembro ás 20h. no Marcos Valcarcel en Ourense.

 

Artigos relacionados

Back to top button