CulturaCulturaEn portadaEntroido 2024Última hora

Trabazos (Manzaneda) acollerá a Fuliada da Mourela p’acá o 27 de xaneiro

Imaxe da fuliada da Mourela p’acá./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Nesta fin de semana a tradición do Entroido xa cobraba vida no oriente ourensán coas primeiras saídas do fulión e, no caso da Mourela p’acá coas primeiras visitas, petición de permiso e coa danza das Mázcaras. A partir de agora virán unha serie de visitas as aldeas que terán, ademais, como punto álxido a Fuliada que, por vez primeira, se celebrará en Trabazos.

Será o vindeiro 27 de xaneiro a partir das 11:30h. coa tradicional petición de permiso, coa ronda do fulión, seguida da representación propiamente dita da fuliada (con versos e disputas) e, despois, fariñada. A veciñanza vén de facer público o seu cartel.

 

Artigos relacionados

Back to top button