CulturaCulturaEn portadaÚltima hora

Tradición e lume na singular Festa dos Fachós, en Castro Caldelas o vindeiro 19 de xaneiro

Fachós de Castro Caldelas./ Foto: Carlos G. Hervella.

O vindeiro 19 de xaneiro, na véspera do San Sebastián, a vila de Castro Caldelas celebrará súa tradicional Festa dos Fachós. Comezará arredor das 19:30h, entre o “lusco e fusco” como din os caldelaos, coa caída do sol e prolongarase durante a noite, converténdose nunha das tradicións de culto ao lume máis representativas de Galicia.

Esta celebración consiste nunha singular procesión que parte do Santuario dos Remedios, con centos de “fachós” que percorren a zona histórica, arrodeando o Castelo e facendo o percorrido en plena escuridade (soamente o Castelo está alumeado). A comitiva vai presidida por un fachón deun mínimo de 30 metros, xusto por detrás vai a imaxe do santo, feita de palla ao igual que os fachós. Remata a procesión no adro do santuario, onde se queiman todos os restos nunha gran fogueira, culminando o rito do lume purificador en medio do toque de campás.

As orixes da festa

A pesar de que a Festa dos Fachós é una tradición ancestral, non se pode determinar a súa orixe con certeza. As primeiras referencias escritas das que se ten constancia datan do ano 1751, sendo una das celebracións máis antigas de Galicia.

Sobre os orixes da Festa dos Fachós de Castro Caldelas hai escritos que falan das tradicións celtas relacionadas co lume, antes de ser cristianizado asimilado ao culto a San Sebastián. O escritor ourensán Vicente Risco relaciona esta festa cos ritos celtas de culto ao sol. Outra das hipóteses apunta ao século XVIII para referirse ao orixe do ritual, cando unha peste de cólera asolou a comarca caldelá, foi entón cando os veciños rogaron a San Sebastián e San Roque para que intercederan e remataran coa enfermidade, facendo unha fogueira para queimar as pertenzas dos infectados. Finalmente, outra tradición vincula a orixe da celebración á conmemoración da busca que fixeron os cristiáns para atopar o corpo do santo a noite que foi martirizado.

“As diversas hipóteses que pretenden explicar a orixe da festa desde una óptica local teñen escasa fiabilidade histórica, sen embargo resultan interesantes como interpretacións populares. A pesar da incerteza da súa orixe”, din dende o Concello, a celebración inunda a noite da vila Caldelá nun ambiente especial e único.

Antigamente a elaboración dos fachós facíase coa palla da sega, que se obtiña despois de sementar o centeo e segar. Actualmente esta práctica foise perdendo hasta quedar en desuso, polo que un dos inconvintes para seguir mantendo esta tradición é a falta de palla para facer os fachós. Por iso o
Concello de Castro Caldelas é o que se encarga de sementar cada ano o centeo, de segar, carrexar e mallar o igual que se facía tradicionalmente, preparando a palla e gardándoa no palleiro para a celebración.

 

 

O programa do 2024

“A maior innovación é continuar facendo a festa o vello estilo tradicional polas dificultades que entraña e o traballo arduo que comeza un ano antes (sementa, sega, carrexa, malla)”, asegura a alcaldesa de Castro Caldelas, Sara Inés Vega.

Neste ano o desenvolvemento da festa será o seguinte:
A partires das 19:15 h dependendo da claridade do día, comeza a procesión cun San Sebastián de palla seguido do Gran Fachón de nunca menos de 30m. Detrás os máis de 500 Fachós individuais que o Concello pon o dispor dos participantes, todo elo acompañado da música de charanga e tradicional.

A procesión sae do adro do Santuario dos Remedios e percorre a noite Caldelá a través das empinadas rúas do Casco Histórico dando a volta o Castelo que preside a vila, todo elo en completa escuridade a excepción da iluminación ornamental do Castelo. Ao remate do percorrido os restos dos Fachós deposítanse nunha gran fogueira que se atopa na entrada do santuario e comeza o aspecto gastronómico e musical.

Os chourizos feitos e curados con fume de carballo de Castro Caldelas, o pan artesán de forno de leña, o viño da DO Ribeira Sacra e unha monumental “Queimada” dan o toque final a esta festa. Ademais este ano contarase coa música da Charanga Tattoo e da Charanga TDB (Terras do Bibei) e o Grupo Airiños de Caldelas.

Artigos relacionados

Back to top button