ConcellosO BarcoÚltima hora

Tradicional torneo de baloncesto de Nadal da familia Rodríguez Ramos do Barco para despedir o ano vello

Ademais esta familia promete que no 2023 o torneo de baloncesto levará o nome do avó Manolo

 

Un ano máis e xa van uns cantos, a familia Rodríguez Ramos e uns amigos reuníanse na mañá deste 31 de decembro para celebrar o seu tradicional torneo de baloncesto de Nadal nas pistas deportivas do Malecón do Barco e, ao mesmo tempo, para despedir este ano 2022.

Os capitáns Irene e Leo escolleron desta volta o equipo en base “á beleza dos seus xogadores”, contan dende a familia. Susana e Matilda realizaron o labor de adestradoras. Rafa e Ana de reporteiros gráficos. “Realmente xogaron 12 contra 15, todos na cancha ao mesmo tempo. Non hai oco para escapar…”, explican dende os equipos.

 

 

 

Desta maneira tan orixinal, está familia despide o vello ano do mesmo xeito que hai uns días tiveron que despedir ao avó Manolo para sempre. Pero prometen que o ano que vén o torneo de baloncesto levará o nome do avó Manolo e que volverán todos a reunirse ao redor dunha pelota e de moitos amigos.

Fotos cedidas pola familia Rodríguez Ramos.

 

Artigos relacionados

Back to top button