CulturaCulturaGalerías de fotosTempo de EntroidosÚltima hora

Tras a coroa real no Covelo (Melón)

Ao longo do seu percorrido polo pobo e ata o Coto da Raña, os Danzantes trataban de facerse coa coroa do Rei do Covelo (Melón) nun senlleiro ritual no que participan tamén outra serie de personaxes como os Xuíces, Fiscal ou os Soldados e no que tampouco faltaba a música, nin o carro cos Santos Entroido e Entroida. O ritual cumpríase desta volta o domingo seguinte ao Domingo de Entroido (en lugar do Martes de Entroido), por mor da chuvia, e desenvolvíase no medio dunha nevada.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button