OurenseÚltima hora

Trasladada en helicóptero unha persoa tras cortarse cunha radial na perna en Pereiro de Aguiar

 

Esta tarde un operario sufría feridas de consideración no Pereiro de Aguiar “ao cortarse nunha perna coa radial que estaba a manexar, nas proximidades dunha gasolineira no lugar de Castadón”, tal e como informa o 112 Galicia.

O suceso producíase uns minutos antes das catro e cuarto. Nese momento, o 112 Galicia recibiu “a alerta do accidente laboral a través do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou un helicóptero medicalizado para atender ao operario ferido, aínda que, finalmente, o home foi evacuado nunha ambulancia a un centro hospitalario”, citando ao 112 Galicia.

Desde o CIAE 112 Galicia, nada máis recibir a alerta do suceso, solicitouse a intervención dos axentes da Garda Civil e do GES do Pereiro de Aguiar.

Artigos relacionados

Back to top button