OurenseÚltima hora

Trasladada unha muller en Xinzo tras sufrir unha picadura de avespa

 

Arredor das 14h. desta tarde unha muller tivo que ser trasladada polos servizos sanitarios tras recibir a picadura dunha avespa en Xinzo de Limia.

“O persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 comunicaba ao 112 Galicia, a saída do helicóptero medicalizado con base en Ourense cara a zona da piscina municipal, por mor da picadura dunha avespa a unha muller”, segundo informa o 112 Galicia

Así, os xestores de emerxencias para prestar apoio durante a aterraxe da aeronave, solicitaron a colaboración dos axentes da Policía Local e do persoal da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade, engade o 112 Galicia

Artigos relacionados

Back to top button